Concello de Sada



Imprimir Enviar

Perfil de contratante :"Dotación dos servizos de abastecemento de auga entre Mandín e Os Cabildos, en Soñeiro", POS adicional 2009

Co obxecto de dar cumprimento ao disposto no prego de cláusulas administrativas particulares que rixe a contratación, mediante procedemento negociado, en relación co artigo 135 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que:

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o 21/05/2010 acordou adxudicar provisionalmente o seguinte contrato de obra:

OBRA: "Dotación dos servizos de abastecemento de auga entre Mandín e Os Cabildos, en Soñeiro", POS adicional 2009

Prezo licitación: 31.568,37 €

Empresa adxudicataria: INTEMAGA S.L.

Prezo adxudicación provisional:
Prezo sen IVE: 22.927,89 €
IVE: 3.668,46 €
Prezo total: 26.596,35 €

Sada, 26/05/2010
O alcalde,

Asdo.- Abel López Soto


Estado do trámite: En resolución