Imprimir
Enviar
ACTUALIZADO A 3 DE setembro DE 2010
LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2010-2011 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL FLORA RAMOS "FLORITA"
LISTADO DEFINITIVO
Relación de aprobados
Probas selectivas para a selección de (1) posto de Animador Sociocultural en réxime de contratación laboral temporal
Realizado o 10/08/10 o procedemento selectivo para a provisión de 1 posto de Animador sociocultural segundo as bases aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 1059/2010 do 21 de xullo, unha vez rematada a cualificación do concurso, resultou seleccionada a persoa aspirante que a continuación se indica, por ser a que obtivo a maior puntuación:
Aspirante Puntuación
Pérez Galmán, Mayte 8,35
LISTAXE DE RESERVA:
Aspirante Puntuación
Riveira Souto, Sara 1,95
Arias Rodríguez, Ivana 0,25
Torreira Martínez Susana 0,25
Anuncio
A Concellería de Educación e Xuventude informa
Que, a aqueles e aquelas solicitantes que quedasen en listaxe de espera na Escola Infantil Municipal Flora Ramos "Florita" e marcasen na súa solicitude SI na opción do cheque infantil, se lles tramitará de oficio.
Que, a aqueles e aquelas solicitantes que quedasen en listaxe de espera na Escola Infantil Municipal Flora Ramos "Florita" e non marcasen NADA respecto do cheque infantil, se lles tramitará de oficio, entendendo que puido ser un descuido.
Que, a aqueles e aquelas solicitantes que quedasen en listaxe de espera na Escola Infantil Municipal Flora Ramos "Florita" e marcasen NON na opción do cheque infantil, non se lles tramitará de oficio.
Que, a partir do luns, 2 de agosto de 2010 e ata o 10 de setembro de 2010, estará aberto o prazo para a realización da solicitude de preinscrición na Nova Escola Infantil, sita en Mondego.
Que, as preinscricións para a Nova Escola Infantil se poderán realizar na Oficina Municipal da Xuventude en horario de 9:00 a 15:00 e calquera consulta no teléfono 981 92 68 52.
Que, teñen máis información na web municipal
www.concellodesada.com no DOGA nº 145 do venres 30 de xullo de 2010, e na web do consorcio
www.igualdadebenestar.org
Sada, 30 de xullo de 2010.
Raquel Bolaño Fariñas
Concelleira Delegada de Educación e Xuventude.
CONSULTE A LISTAXE DEFINITIVA
A Concellería de Educación e Xuventude informa
LISTAXE DEFINITIVA
Que o período para formalizar matrícula na Escola Infantil Municipal se abre o vindeiro luns, 19 de xullo e permanecerá aberto 15 días hábiles ata o mércores 4 de agosto, ámbos inclusive.
Que os modelos de formalización de matrícula están a disposición no Rexistro Xeral do Concello e estarán colgados na web municipal.
MODELO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Que no propio modelo de formalización se especifica a documentación que se debe adxuntar.
Que a reunión informativa para as nais e pais do alumnado terá lugar o martes 31 de agosto de 2010, nas aulas da Escola Infantil Muncipal Flora Ramos "Florita"
Aproveitamos para pedirlles desculpas polos retrasos.
Sada, 17 de xullo de 2010.
Raquel Bolaño Fariñas
Concelleira Delegada de Educación e Xuventude
TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO DE SICE.
Contacto para incidencias no alumeado público.
A nova empresa encargada do mantemento do alumeado público SICE, pon a súa disposición un teléfono e unha dirección de correo electrónico para todos aqueles cidadans do Concello de Sada que necesiten comunicar algunha incidencia no alumeado público.
900 101 976
alumeadosada@sice.com
Indicando se é posible un nome e teléfono de contacto, e que expliquen un pouco a avería.
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL
O Concello publica o resultado do procedemento selectivo para a contratación dun/dunha Técnico de Orientación Laboral
O Concello de Sada fai público o resultado do procedemento selectivo para a contratación laboral temporal (modalidade de obra ou servizo) dun/dunha Técnico de Orientación Laboral. Para consultar a valoración dos/as candidatos clica
aquí. Faino
nestoutro enlace para ver a candidata que resultou elixida.
COMO ESTIPULAN AS BASES, AS PRAZAS FORON ADXUDICADAS POR SORTEO AO HABER MÁIS DEMANDA QUE OFERTA DE PRAZAS
Consulta aquí a listaxe definitiva das prazas para participar na Campaña de Vela 2009 da Deputación da Coruña
O Concello de Sada fai público o
resultado do sorteo das prazas para participar na
Campaña de Vela 2009 da Deputación da Coruña. Seguindo os criterios establecidos nas bases deste programa provincial, procedeuse ao sorteo (
consulta aquí a acta) porque o número de solicitudes superou as prazas ofertadas. A Campaña de Vela desenvolverase en Sada do 20 ao 24 de xullo en dúas quendas (mañán e tarde) e vai destinada a menores de 9 a 18 anos.
EN RÉXIME DE INTERINIDADE
O Concello fai públicas as puntuacións do exame para cubrir un posto de Auxiliar de Admón Xeral
O Concello de Sada fai públicas as puntuacións obtidas polos/as candidatos que se presentaron o venres, día 10 de xullo, ao exame para cubrir unha praza de Auxiliar de Admón Xeral en réxime de interinidade. Para consultar as notas, clica
aquí.
O CONTRATO SERÁ DE DURACIÓN DETERMINADA, ATA O 31/12/2009
Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas e a valoración dos seus méritos no proceso selectivo para a provisión dun posto de arquitecto/a técnico
O Concello de Sada fai pública a listaxe de persoas admitidas para participar no proceso selectivo (concurso libre) para a provisión dun posto de arquitecto/a técnico. A vixencia do contrato (de obra ou servizo) terá unha duración determinada (ata o 31 de decembro de 2009). Para consultar a listaxe de admitidos/as, clica
aquí. E faino
neste enlace para ver a valoración de méritos.
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Consulta aquí a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as na Escola Infantil Municipal para o curso 2009-10
A Concellería de Educación e Xuventude, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, fai pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2009-10. Para consultar a listaxe, clica
aquí.
O SORTEO CELEBROUSE O 29 DE MAIO
Educación e Xuventude fai público o resultado do sorteo das prazas para as Escolas de Verán municipais
A Concellería de Educación e Xuventude -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- fai público o
resultado do sorteo para a adxudicación das prazas para participar nas
Escolas de Verán 2009.
EN RÉXIME DE INTERINIDADE
Consulta aquí o resultado do proceso selectivo para a contratación dun coordinador/a de actividades xuvenís
Marcos Martínez Bacelar conseguiu a maior puntuación no proceso selectivo convocado polo Concello de Sada para cubrir en réxime de interinidade unha praza de coordinador/a de actividades xuvenís. Para consultar a listaxe final de calificacións, clica
aquí.
A CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL TERÁ LUGAR O VINDEIRO LUNS
O Concello fai pública a lista de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo de coordinador/a de actividades xuvenís
Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o procedemento selectivo do coordinador/a de actividades xuvenís do Concello de Sada, mediante procedemento selectivo de concurso-oposición libre, resolveuse a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo. Podes consultar a lista
aquí.
A constitución do tribunal terá lugar o vindeiro luns, día 11 de maio ás 9.30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns e a fase de concurso terá lugar na mesma data e no mesmo lugar, acto seguido.
CONTRATACIÓN TEMPORAL
O Concello fai pública a valoración de méritos dos candidatos/as para ser contratados/as como monitores/as de tempo libre
O Concello de Sada fai pública a listaxe dos candidatos/as que concorriron á convocatoria para optar á contratación laboral temporal de monitores/as de ocio e tempo libre. Para consultar as puntuacións, clica
aquí.
A REVISTA ESTÁ EDITADA POLO 'CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES'
Consulta aquí a reportaxe publicada na revista 'Galicia' de Bos Aires sobre a repatriación a Sada dos restos mortais de Ramón Suárez Picallo
A
revista 'Galicia', editada polo 'Centro Gallego de Buenos Aires' publicou nun dos seus últimos números unha reportaxe sobre a repatriación a Sada dos restos mortais do ilustre galeguista Ramón Suárez Picallo. A decana das publicacións da diáspora galega en América -con máis de 90 anos de historia- adicou unha páxina en homenaxe "a unha das figuras claves do galeguismo", segundo se define no propio texto a Ramón Suárez Picallo. Para consultar o texto íntegro do artículo, clicar
aquí.
AS IMAXES FORON EMITIDAS NO PROGRAMA 'A REVISTA'
Visiona o video emitido pola TVG o 7 de abril sobre as actividades náuticas organizadas por Xuventude en Sada
O pasado día 7 de abril, un equipo da TVG desprazouse ata Sada para incluír no seu programa 'A Revista' unha reportaxe en directo sobre as actividades náuticas (Semana Azul) organizadas pola Concellería de Xuventude, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño. As persoas interesadas en visionar o video emitido pola canle de televisión autonómica, poden clicar
aquí.
DIRIXIDAS A MOZOS E MOZAS DE ENTRE 18 E 30 ANOS QUE NON ESTÉN MATRICULADOS NA UNIVERSIDADE
Educación informa sobre as axudas de Vicepresidencia para estudar idiomas na UE
A Concellería de Educación de Sada informa sobre a recente convocatoria de axudas -con cargo á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organismo dependente da Vicepresidencia da Xunta- destinadas á realización de cursos de idiomas en Estados membros da Unión Europea (UE). Para máis información,
consultar a convocatoria, publicada no DOG do día 11 de febreiro. O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 12 de marzo de 2009.
Os beneficiarios serán mozos e mozas residentes en Galicia de entre 18 e 30 que non estean matriculados na universidade no curso 2008-2009. As contías das bolsas irán de 1.400 euros para cursos de tres semanas ata 1.800 para os de cinco ou máis semanas.
EN RÉXIME DE INTERINIDADE
O Concello fai públicos os resultados definitivos das probas para cubrir unha praza de Técnico/a de Xestión
O Concello de Sada fai públicas as puntuacións da
primeira,
segunda e
terceira proba do procedemento selectivo para cubrir un posto de Técnico/a de Xestión en réxime de interinidade. Así mesmo, publicita o
resultado final desta convocatoria.
EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN TEMPORAL
Consulta aquí o resultado das probas para a provisión dunha praza de técnico deportivo
O Concello de Sada fai pública a
listaxe de admitidos/as e a
valoración de méritos das persoas que están a participar no procedemento selectivo para cubrir unha praza de técnico deportivo en réxime de contratación laboral temporal. A celebración da fase de concurso terá lugar o xoves 12 de febreiro de 2009.
EN RÉXIME DE INTERINIDADE
Consulta aquí as puntuacións das probas para a provisión dun posto de traballadora social
O Concello de Sada fai públicas as
puntuacións finais do procedemento selectivo para a provisión dun posto de Traballadora Social en réxime de interinidade. O exame da fase de oposición celebrouse o día 14 de xaneiro de 2009.
PARA O PRESENTE CURSO 2008-2009
O Concello fai pública a resolución da convocatoria de axudas municipais ás familias para a escolarización de menores
O Concello de Sada fai pública a resolución das axudas económicas municipais ás familias para atender os gastos de escolarización dos menores que cursan os seus estudos no municipio no presente curso 2008-2009. Para consultar a listaxe, clica
aquí. Estas axudas van destinadas á compra de material escolar (libros, vestiario...) para aquelas familias que non perciban outras subvencións polo mesmo concepto doutros organismos ou Administracións Públicas.
DEBIDO A UN ERRO ADMINISTRATIVO
O Concello informa de que en vindeiras datas se abrirá un novo prazo de presentación de propostas para a contratación do servizo de limpeza viaria
O Concello de Sada informa de que en vindeiras datas se abrirá un novo período de presentación de proposicións para a contratación do servizo de limpeza viaria e de praias como consecuencia dun erro administrativo na elaboración dos correspondentes pregos.
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
O Concello fai públicas as axudas municipais en materia de Educación concedidas no 2008
O Concellería de Educación do Concello de Sada, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, fai públicas as
subvencións municipais non nominativas en materia de Educación concedidas para o exercicio 2008.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Adxudicación provisional do servizo de comedor escolar
O Concello de Sada anuncia que a Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria celebrada o pasado xoves 21 de agosto, acordou adxudicar provisionalmente -a través do procedemento negociado- a prestación do servizo de Comedor Escolar a favor da empresa Áurea Gestión Cultural SL polo prezo total de 38.820,22 euros (33.465,71 euros de principal e 5.354,52 euros de IVE).
Anuncio de adxudicación do servizo de Comedor Escolar