Concello de Sada
O Concello convoca 12 prazas de monitor/a de tempo libre para as actividades do verán
	<description><![CDATA[A Concellería de Xuventude do Concello de Sada, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, convocou as bases para a contratación de 12 monitores/as de actividades de ocio e tempo libre para o período do verán.
O período no que se realizarán estas contratacións a tempo parcial (4 horas ao día) será o comprendido entre os días 30 de xuño e 29 de agosto e a remuneración de 615 euros ao mes. Para optar a estes postos de traballo temporal é preciso ser maior de 16 anos e cumplir outros requisitos que se especifican nas bases da convocatoria.
As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deben entregar as súas solicitudes antes do día 16 de maio-inclusive- no Rexisto Xeral do Concello dirixidas ao Alcalde. Para máis información, chamar ao número 981 620 331.]]></description>
A Deputación abriu o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos de verán
	<description><![CDATA[A Concellería de Xuventude do Concello de Sada -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- informa de que a Deputación da Coruña abriu o prazo de inscrición para participar nos campamentos deportivos de verán que organiza. Esta oferta vai dirixida a menores con idades comprendidas entre 9 e 13 anos e inclúe a práctica de catro deportes (golf, vela de cruceiro, voleipraia e tenis). Os campamentos desenvolveranse no colexio Calvo Sotelo da Coruña e o Concello de Sada está incluído na primeira quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
O prazo de inscrición nos campamentos deportivos 2008 da Deputación remata o día 12 de xuño. O Concellería de Xuventude informa de que aínda non se determinou o número de prazas das que disporá Sada este ano, pero aclara que no anterior dispuxo de 12 e que para a presente edición se agarda un cupo similar. Engade, así mesmo, que si a demanda excede á oferta, as prazas serán outorgadas por sorteo. Para descargar a ficha de inscrición, clicar aquí.
As persoas interesadas en participar nos campamentos deportivos deben entregar a correspondente ficha de inscrición na Oficina da Xuventude (981 620 331) antes do día 12 de xuño. A cota de inscrición é de 85 euros. Toda a información sobre esta oferta lúdica e deportiva pode atoparse na web da Deputación.]]></description>
A Xunta ofrece unha liña de axudas para o remate exterior de vivendas rurais de nova creación
	<description><![CDATA[A Consellería de Vivenda e Solo convocou unha liña de subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova creación (orde do 9 de abril de 2008) destinadas ás persoas con baixos ingresos.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 16 de xuño do presente ano 2008. A finalidade destas subvencións é axudar aos propietarios de novas vivendas rurais a incrementar as condicións de salubridade e seguranza nas súas casas e que as mesmas se adecúen ao medio na que foron construídas.
As persoas interesadas en consultar as bases desta convocatoria ou en descagar os formularios para presentar as correspondentes solicitudes de axuda, deben clicar aquí.]]></description>
Os novos prezos para os espectáculos do IGAEM oscilarán entre 2,50 e 5,50 euros
	<description><![CDATA[As novas tarifas establecidas polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) para os espectáculos que promove nos Concellos entrarán en vigor a partir do 20 de abril coincidindo coa representación da obra teatral 'Pan' a cargo da compañía 'Volta e Dalle', que terá lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns a partir das 20.00 horas.
Os novos prezos oscilarán entre os 2,50 e os 5,50 euros. No caso concreto da obra 'Pan', a tarifa quedou fixada en 3,50 euros.]]></description>
A Vicepresidencia da Xunta convoca un certame para xoves creadores e creadoras galegas
	<description><![CDATA[A Concellería de Xuventude do Concello de Sada, responsabiliade da socialista Raquel Bolaño, informa sobre a convocatoria de Gzcrea 2008, certame galego de creadores novos. Esta iniciativa parte da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. O concurso inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.
Poderán participar neste concurso todos os mozos e mozas galegos/as -ou residentes en Galicia- non profesionais (que non teñan contratos con empresas vencelladas co traballo que se presente a concurso), con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos anos cumpridos no vixente ano 2008. O prazo para presentar os traballos manterase aberto ata o día 30 de xuño, inclusive, do presente ano.
As persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo esta iniciativa, atoparán toda a información necesaria na páxina www.gzcrea.com. Nesta web aparecen todos os enlaces precisos para coñecer as bases do certame, as instancias nas que se deberán cursar as solicitudes, a documentación que se debe adxuntar, os requisitos para cada especialidade...
Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade, ou por modalidade no seu caso, establecéndose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias): Un primeiro premio de 3.000 euros, un segundo de 1.500 euros e un terceiro de 1.000 euros.]]></description>
Os comerciantes que desexen colaborar no Concurso de Poesía poden informarse aquí
	<description><![CDATA[A Concellería de Cultura do Concello de Sada informa ás persoas que sexan propietarias dun establecemento comercial no municipio que poden colaborar no I Concurso de Poesía en Lingua Galega.
Para poder facelo, deben ter entre os seus artículos de venda ao público material informático e escolar, únicos produtos que serán canxeables cos catro vales regalo (dous de 200 euros e outros dous de 100 euros) cós que se premiarán os mellores poemas nas categorías de 8 a 11 anos e de 12 a 17.
Os e as comerciantes interesados/as en colaborar co Concello nesta iniciativa poden descargar a folla de inscrición.]]></description>
Os cursos para o obtención do Celga 1 e 4 principian a primeiros de abril
	<description><![CDATA[O Concello de Sada informa dos días e horarios nos que se impartirán os cursos preparatorios para o obtención dos novos Certificados de lingua galega (Celga) nos seus niveis 1 e 4. Ambos os dous desenvolveranse os mércores entre as 20.00 e as 22.30 horas.
O curso preparatorio para obter o Celga 1, que principia o día 9 de abril, impartirase nos locais da Oficina da Xuventude. Pola súa banda, o curso para obter o Celga 4 principia o mércores día 2 de abril e celebrarase na Aula 1 da Casa da Cultura Pintor Lloréns. Estes cursos son totalmente gratuítos.]]></description>
Bando sobre a cobranza do imposto de vehículos de tracción mecánica
	<description><![CDATA[O Concello de Sada publicou un Bando no que se informa á cidadanía das normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. En concreto, sobre o imposto de vehículos de tracción mecánica. O ingreso por este concepto debe realizarse entre os días 14 de marzo e 20 de maio en diferentes entidadades bancarias.
As persoas interesadas en consultar este bando, poden facelo clicando  aquí .]]></description>
Publicada no DOGA a convocatoria para os campamentos de verán 2008 da Xunta
	<description><![CDATA[A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, publicou hoxe -día 24 de marzo- no Diario Oficial de Galicia (DOGA) a convocatoria para os campamentos de verán 2008 promovidos pola Xunta de Galicia.
O prazo para presentar as inscricións remata o vindeiro día 11 de abril.  Consultar convocatoria . Para obter máis información sobre esta oferta de ocio xuvenil, clicar  aquí .]]></description>
Descarga o formulario para solicitar a Renda Básica de Emancipación
A Xunta convocou en febreiro tres tipos de axudas para a mellora dos montes
	<description><![CDATA[O Concello de Sada informa da convocatoria de axudas por parte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para silvicultura, fomento da prantación de frondosas caducifolias e fomento da forestación en terreos non agrícolas. O importe máximo das subvencións oscila -dependendo de cada convocatoria- entre o 50% e o 70% do valor máximo do investimento. Os destinatarios das mesmas son, entre outros, particulares e comunidades de propietarios.
A primeira das mesmas está destinada á forestación de terreos non agrícolas. Para consultala, clicar  aquí. Esta convocatoria foi publicada na edición do Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 7 de febreiro. O prazo para presentar as solicitudes para poder concurrir a esta convocatoria remata o 8 de marzo. As axudas poden chegar ata o 70% do valor máximo do investimento.
A segunda publicouse no DOG o 11 de febreiro e neste caso as axudas que se convocan están adicadas á silvicultura. Para consultala, clicar  aquí. As subvencións poden chegar ata o 50% do valor máximo do investimento e o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 12 de marzo.
A última convocatoria pretende fomentar a prantación de frondosas caducifolias e apareceu publicada no DOG do día 18 de febreiro. Para consultala, clicar  aquí. Coma no caso anterior, as axudas poden chegar ata o 50% do valor máximo do investimento. O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de marzo.
O Concello de Sada informa ás persoas interesadas en concorrer a calquera destas convocatorias que na oficina técnica de Medio Ambiente (881 090 150 ou 981 012 641) se lles prestará asesoramento e información sobre calquera das mesmas.]]></description>
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de galego dos niveis Celga 1,2,3 e 4
	<description><![CDATA[O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou a convocatoria para o vixente ano 2008 das probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4. As persoas interesadas en obter máis información sobre esta oferta ou en descargar as follas de inscrición, poden facelo clicando aquí.
No Doga tamén se anunciou a convocatoria de cursos gratuitos de preparación para superar estas probas. Para obter máis información, clicar  aquí.
O prazo para a primeira convocatoria destas probas (maio/xuño) remata o día 25 de marzo, mentres que o da segunda (novembro/decembro) péchase o 19 de setembro. Ambos os dous días inclusive.]]></description>
Suspendido o concerto previsto para o día 16 de febreiro na Casa da Cultura
	<description><![CDATA[O Concello de Sada informa que o concerto de musica clásica anunciado para o día 16 de febreiro que se ía celebrar na Casa da Cultura Pintor Lloréns, queda suspendido por razóns alleas á organización.
Para ese día estaba prevista a actuación dun trío musical integrado por unha violinista (Helena Satué), un trompetista (José Vicente Castelló) e unha pianista (Alicia González). O Concello de Sada pide desculpas ás persoas que se poidan ver afectadas por esta cancelación de última hora.]]></description>
Publicada a listaxe de axudas municipais para a adquisición de libros de texto
	<description><![CDATA[O Concellería de Educación do Concello de Sada, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, publicou a listaxe das persoas que se beneficiarán da concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto durante o presente curso académico 2007-2008 e das que foron excluídas. Para consultarla, clicar aquí .
Esta información permanecerá exposta ao público durante un prazo de 15 días naturais (contados a partir do 9 de febreiro), no cal se poderán presentar alegacións. O Concello de Carballo, en total, concedeu 68 axudas por un importe superior aos 4.360 euros.]]></description>