Na súa teima por manter informados aos veciños e veciñas, o Concello sacou á rúa en xaneiro de 2008 o primeiro número da revista municipal Sada para ti. O boletín de información institucional ten unha periodicidade trimestral. A súa tirada rolda os 5.000 exemplares, que se distribúen de balde por todo o territorio do concello.
Nas súas oito páxinas explícanse polo miúdo as principais actuacións que desenvolve a administración local cunha marcada orientación de servizo público. Ademais, todos os grupos con representación no Pleno teñen o seu propio apartado para opinar ou expresaren as súas inquedanzas.
Nas ligazóns da columna dereita podes descargar os números de Sada para ti que hai publicados ata o momento.