Tras a celebración das eleccións municipais de maio de 2007 o pleno do Concello de Sada acordou, na sesión extraordinaria do 21 de xuño de 2007 e, de conformidade co establecido no Regulamento orgánico municipal aprobado en xuño de 2004, a creación, composición e réxime de sesións dos diferentes órganos de goberno municipais: a Xunta de Goberno Local, a Xunta de Portavoces, a Comisión Informativa Xeral, a Comisión Especial de Urbanismo e a Comisión Especial de Contas e Facenda.
Entra en cada un destes órganos para coñecer as delegacións e atribucións que lles corresponden, o nome das persoas que os compoñen e a periodicidade coa que desenvolven as súas sesións.