Concello de Sada



Imprimir Enviar

Saúda do alcalde

Benvida do rexedor municipal do Concello de Sada

Recibe a benvida a este espazo virtual desde o que che ofrecemos datos e información de Sada.

A administración local é a institución pública máis próxima á cidadanía e queremos que coñezas todos os servizos e actividades que podemos prestarche cando o precises, de forma áxil e accesible alí onde te atopes, de maneira que a distancia física ou o teu horario laboral non sexan un impedimento para sentirte máis cerca de teu concello.

Ademais da información diaria actualizada, poderás consultar convocatorias e anuncios, obter impresos e, tamén, pretendemos que poidas xestionar ou comunicar asuntos do teu interese desde esta oficina virtual.

Así mesmo é a nosa intención que sirva de escaparate para amosarlles aos visitantes desta web as tradicións e a riqueza cultural e paisaxística deste enclave privilexiado da área metropolitana da Coruña. Se é este o teu caso, poñemos ao teu alcance datos de interese para que despois desta visita virtual te animes a coñecer en persoa a oferta variada de Sada, un lugar ideal para compatibilizar as obrigas laborais co aproveitamento do tempo de ocio.

Unha aperta,
Abel López Soto
Alcalde do Concello de Sada

Abel López Soto
Contacta co alcalde

Abel López Soto, membro da corporación local dende 1999, foi elixido alcalde tras as eleccións municipais de maio de 2007