5 de setembro de 2010 Desde a Concellería de Benestar Social responsabilidade do nacionalista Luis Barreiro, informa:
O vindeiro mes de outubro comenzan as actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos.
Estas actividades enmarcanse no programa de participación e cooperación social dos servizos sociais municipais e consisten en actuacións tendentes a proporcionar espazos de participación, animacion e cohesión entre as persoas participantes.

3 de setembro de 2010 A Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle nesta primeira quincena de setembro e por primeira vez, unha prestixiosa exposición de maquetas de barcos de distintas épocas.

2 de setembro de 2010 Podes descargar aquí a folla de inscrición , para que poidas descargala e inscribirte por correo electrónico, mandándoa cuberta a cultura@concellodesada.com
Por certo, tamén tes a posibilidade de preinscribirte por fax,no número 981 623 655.
FOLLA DE INSCRICIÓN

1 de setembro de 2010 Concello de Sada acaba de solicitar unha axuda á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dentro do Plan Ágora Re-comercia 2010-2013, co fin de preceder á humnaización dun tramo da Rúa do río e a Primeira travesía da rúa da obra, co fin de que esa zona adquira o mesmo aspecto que as zonas nas que se actuou desde o ano 2008 no casco urbano de Sada.

25 de agosto de 2010 Durante todos os sábados do mes de setembro e os da primeira quincena do mes de outubro a Biblioteca Municipal desenrolará a seguinte actividade. Taller de Ilustración con plastilina e creación de personaxes.

25 de agosto de 2010 A que fora grande deportista galega Ana Pardo recibíu unha merecida homenaxe