Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Serán debatidos nun pleno extraoridnario o día 15

Sada presenta os Orzamentos para 2010.

Unha vez coñecidos os resultados da liquidación do exercicio económico do ano 2009, os mellores desde hai nove anos, deuse por finalizado o proceso de confección do Orzamento para o ano 2010 e xa foi entregado aos Portavoces dos Grupos Municipais da Oposición o pasado venres.

7 de marzo de 2010 Neste momento Sada atópase cuns orzamentos prorrogados por dous anos consecutivos, o que dificulta un desenvolvemento axeitado da xestión municipal, sobre todo no que se refire ao capítulo VI correspondente aos investimentos, xa que este non é posible a súa prórroga.

Na confección do proxecto de orzamentos tiveronse en conta os seguintes parámetros de elaboración :
a)Racionalidade e eficiencia na prestación dos servizos básicos esenciais
b)Política de aforro e mantenmento do esforzo na procura do saneamiento financiero das arcas municipais, co fin de manter e mellorar os bos resultados das magnitudes orzamentarias postas de manifesto con ocasión da liquidación do exercicio 2009.
c)A atención ás necesidades da poboación e ao déficit nos servizos básicos manifestados polas contínuas peticións da cidadanía demandando as melloras ás que teñen dereito, tentando solventar pouco a pouco carencias históricas, con especial atención aos servizos sociais e de benestar e nunha planificación razoable dos investimentos proviñentes do Fondo Estatal do Emprego e a Sostebilidade Local.

Como características máis salientables do orzamento destacan as seguintes:
•Prevese unha diminución do gasto de 1.380.451,08 €, con respecto ao orzamento anterior.
•Mantense o esforzo inversor, xa que o capítulo adicado a investimento en infraestrucutras e equipamentos ascende a 941.850,16 €, ao que lle hai que sumar a aportación do fondo estatal do emprego e a sostebilidade local por importe de 1.517.395,00 €
•Increméntase o capítulo correspondente á protección social xa que representa o 8,94% do total do gasto no conxunto das áreas de acción social, benestar e dependencia.
•Numéricamente os orzamentos municipais para o exercicio 2010 ascenden a contía de 12.547.129,42 € en ingresos e 12.418.937,36 € en gastos.
•Preséntase polo tanto un orzamento con superavit de 128.192,06 €, para absorver o remanente de tesoureiria por ese mesmo importe
•Ao absorver o remanente de tesoureiria negativo do ano 2009, a aprobación do orzamento deixaría sen efecto o Plan Económico financieiro a tres anos aprobado polo Pleno da Corporación, xa que neste primeiro ano xa se cumpliron os obxectivos que se fixaban no mesmo.
•Tamén se prevén partidas específicas para o fomento do comercio local, para a posta en marcha dun servizo de transporte colectivo que una as parroquias co centro urbano denominado SADABUS, para o mentemento do servizo XANTAR NA CASA para as persoas maiores, e tamén para a celebración da PRIMEIRA FESTA DA XIBA, unha festa gastronómica que se pretende realizar no mes de Maio.

Trátase dun orzamento realista e executable, totalmente comprometido coas necesidades sociais, e que mais alá das lexitimas diferencias ideolóxicas, a súa aprobación axudaría a dar o mellor servizo posible aos cidadáns de Sada nestes momentos de crise.