Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

A Conselleira de Traballo e Benestar visita Sada

A Conselleira de traballo e Benestar Beatriz Mato respondeu ao convite do Alcalde para visitar Sada con motivo da inauguración da ampliación da Escola Infantil Fora Ramos "Florita"

6 de marzo de 2010 Ao acto asistíu tamén o Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e estiveron presentes os membros do Goberno, Concelleiros da Oposición, o fillo adoptivo Isaac Díaz Pardo, Capitán Marítimo, Director do ISM, Presidente da Asociación de veciños de Mondego, Membros da Asociación da terceira Idade xunto coa súa Presidenta, e outras persoas convidadas, ademáis dos medios de comunicación.

A recepción producíuse no salón de Plenos Municipal e logo de que o Alcalde convidara á Conselleira a asinar no libro de honra do Concello, éste, acompañado da primeira tenente de alcalde e Concelleira de Educación Raquel Bolaño, deulle a benvida oficial á Conselleira e á súa comitiva e salientou a importancia do acto, que se deriva dun convenio asinado no seu día entre o Alcalde eo vicepresidente do goberno anterior Anxo Quintana.

O Alcalde salientou que a posta en marcha de 3 novas aulas posibilitan a ampliación en 41 parzas da actual escola infantil, que pasa a ser a máis grande de Galicia, de todas cantas xestiona a Xunta a través da Rede Galega de Escolas infantiles agora denominada "Galiña Azul".
O Alcalde salientou o feito de que desde o ano 2007 se aumentaran as prazas en educación infantil de 0-3 anos nun 50%, grazas á colaboración institucional entre o Concello e a Xunta, pero tamén indicou que o esforzo realizado non era suficiente e por esa razón, o Goberno Municipal tomou a decisión de construir unha nova escola co que Sada duplicará as prazas de educación infantil no mandato do actual goberno e poderanse atender todas as demandas de escolarización.
Tamén indicou o Alcalde o esforzo realizado desde Sada para adquirir 21.000 m2 de solo dotacional en Mondego, onde se van construir o Centro de día e a escola infantil e anunciou a intención do Concello de poñer a disposición da Xunta os edificios para incrorporalos á rede galega de escolas infantiles e á rede galega de Centros de día, como contribución a complementar a rede pública iniciada polo goberno anterior da Xunta de Galicia
A Concelleira de Educación Raquel Bolaño destaca que Sada pasará das 87 prazas de educación Infantil que tiña no 2007 ás 169 no ano 2011, duplicando a oferta en só catro anos e nun contexto xeral de crise económica
A Conselleira, pola súa banda felicitou ao Concello por "poñer en marcha obras para dar servizo aos veciños" e anunciou a intención de incorporar a Escola Infantil á rede da Xunta e tamén indiocou que está en estudo a posibilidade de incorporación do Centro de día.

Rematado o acto a Conselleira finalizou a súa visita institucional nas dependencias ampliadas da Escola Infantil, onde foi recibida pola Directora e persoal do Centro e recibíu as explicacións do Arquitecto Municipal director das obras quen a informou dos pormenores técnicos da actuación.