O primeiro tramo da rúa da Obra, a punto de rematar
Desde esta fin de semana, os residentes na rúa da obra xa poden entrar cos vehiculos nos seus garaxes.
O Concelleiro Miguel Tenreiro salienta o alto grao de satisfación que manifestan os veciños e veciñas co acabado da mesma, unha obra que revaloriza a zona e a fai máis bonita e agradable para vivir e pasear e na que se están a invertir 405.943,61 €.
6 de marzo de 2010 O Concelleiro tamén quere destacar o avanzado das obras do segundo tramo, que permitirán cumplir os prazos establecidos a pesar do inverno tan duro que estamos a sofrir e que dificulta enormemente a execución desta e outras obras pendentes, como é o caso dos parques públicos, que precisan de varios días secos para poder completar a última capa de firme.
Tenreiro afirma que agora empezan a verse os resultados, e as veciñas e veciños aprecian como os beneficios obtidos permanecerán no tempo e as incomodidades puntuais van desaparecendo pouco a pouco.