Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Gala do Deporte 2010

Este venres 26 de Febreiro ás 21:00 horas celebrouse na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" e, ante máis de 300 persoas, a Gala do Deporte 2010, coa que se pretendía premiar e recoñocer o esforzo dos deportistas, o traballo dos clubs, a dedicación de moitas persoas, e a atención doutras tantas entidades para co "Deporte Sadense".

5 de marzo de 2010 O acto comenzaría cunha brebe presentación acompañada dun video con imaxes de tódolos clubs participantes. Despóis dunhas verbas de ánimo e de compromiso con todos os clubs por parte do Concelleiro de Deportes José Garrote, foron subindo ao escenario os premiados como máis destacados polo seu propio club que foron estos:

1º -ARRANCAPINOS
Ramón Méndez Gutiérrez
2º-A.S.P.A.C.E.
Santiago Rodríguez Díaz
3º -C.N.R.S.
Hugo Bermúdez Guntín,
4º - CARNOEDO C.F.
Francisco Rey Sánchez "Paco"
5º- ASOCIACIÓN RECREATIVA CLUB DOMINÓ SADA
Juan Martínez González
6º-CLUB DE FONDO MENSAJERAS DE SADA
José Julio Rogel
7º- CLUB DE REMO MARIÑEIRO FONTÁN-SADA
Equipo Alevín de Remo
8º- C.D. PERLA SADA
Patricia Varela Vázquez
9º- RAYO SADENSE
A todos os Adestradores-Educadores que pasaron polo club.
10º- SADA PATÍN
Daniel Cid López
11ª- SALVAMENTO SADA
Cristina Gómez Miñones
12ª- TAEKWONDO NATURAL SPORT SADA
Pablo Morales Fajardo

A continuación, pasouse a facer entrega dos diplomas recoñecedores dos méritos contraidos polos nosos medallistas tanto a nivel galego como a nivel nacional, sendo máis de oitenta os galardonados.

Seguidamente entregaríanse o que vimos en chamar "Premios Especiais", acompañados estes dunha montaxe de imaxes entrañables e emotivas, sendo destinados estos ás seguintes persoas e entidades:

- Premio á "Integración de Discapacitados no Deporte"
ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS "A PENEIRA"

- Premio á "Promoción do Deporte Femenino"
PARA "SADA PATÍN"

- Premio ó "Medio de Comunicación máis Colaborador co Deporte
DEPORTE CAMPEÓN

- Premio á "Entidade máis Colaboradora co Deporte"
BEGANO S.A.

- Premio ó "Deportista Sadense na Diáspora"
JULIO ÁLVAREZ MOSQUERA

- Premio ó "Antigo Deportista Sadense"
JOSÉ FERNÁNDEZ SÁNCHEZ "PASEIRO"

- Premio á "Traxectoria no Deporte"
MANUEL BABÍO FERNÁNDEZ "ILLANES"

Para finalizar, o noso alcalde, Abel López Soto agradeceu aos presentes a súa asistencia animándoos a seguir traballando nesta línea para levar o deporte Sadense ás cotas máis altas