Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

SEGUNDA DESCARGA DO SADACÚSTICO

Un circuito que leva concertos en formato acústico a varios locais de SADA.

O I Sadacústico nace como circuito musical a realizar en locais de hostalería do concello de Sada.
Por primeira vez, o Concello toma a iniciativa de ofrecer actuacións musicais ós locais da vila para cumplir con dous obxectivos: por un lado achegar a cultura musical ó público, descentralizando a programación cultural que, maioritariamente, se oferta dende o Auditorio Municipal; por outro lado fomentar a hostalería local e aportar unha oferta musical que poida atraer á xente e axudar a rachar coa estacionalidade no sector.

4 de febreiro de 2010 O CIRCUITO.
O pasado 29 de xaneiro comezou a súa andadura o Circuito Sadacústico, cun concerto de París Joel no Bar Canalla, no que o artista repasou vellas cancións á vez que presentou temas do seu último disco.

Este venres terá lugar o segundo concerto do Circuito. Nesta ocasión o café-cantante "Na Punta do Pé", situado na rúa da Praia, será o escenario onde actuará o grupo "The Others", no que será un dos seus últimos concertos antes de grabar o seu novo traballo en Asturias.
"The Others" xurde como proxecto paralelo entre o cantante e o guitarrista de "Everest", banda de Sada orientada cara o Rock. Neste proxecto dedícanse a facer versións acústicas de cancións coñecidas de grandes mitos da música, dende o "Hallelujah" de Jeff Buckley ata o Wonderwall de Oasis, pasando polos "Eagles" ou o mismísimo Jimmy Hendrix. Todo para ofrecer un concerto entretido que poderá satisfacer a oídos de diversas xeneracións e gustos musicais.
O que está claro é que Miguel e Fran (cantante e guitarrista respectivamente), buscan divertir e dar un bo espectáculo, sempre con algún toque de humor nos seus shows ou co acompañamento sorpresa de músicos doutras formacións.

UN CIRCUITO DE LONGA DISTANCIA.
As actuacións prolongaranse durante 3 meses, facendo un total de 12 concertos que rematarán o día 16 de abril.
París Joel, Stados Altera2, The Others, Juan Aparcicio, César de Centi e Álvaro Muras son os artistas que participarán nesta primeira edición.

A REDE DE LOCAIS.
Os locais de Sada que quixeron acollerse a esta proposta tiveron un prazo de inscrición, despois do cal, pasarían a formar parte da "rede de locais" do Sadacústico. Nesta edición non foi necesario facer ningunha selección, posto que non se superou o número máximo de locais previsto pola organización.
Finalmente, o circuíto realizarase entre os locais seguintes:

• Bar Canalla.
• Na Punta do Pé (café cantante).
• María Bonita.

Hai que destacar que a entrada ós concertos é gratuita, e que os locais non poderán cobrar ningún tipo de recargo nas consumicións durante o concerto.

O Concello de Sada agarda que esta iniciativa, impulsada dende a Asociación de Músicos de Sada e organizada pola Concellería de Cultura, teña éxito e deixe un bo sabor de boca tanto no público que se achegue ós concertos como nos músicos e locais participantes. Aproveita para agradecer a resposta dos locais participantes, así como dos músicos que enviaron as súas solicitudes para participar na fase de concurso.
O traballo de organización da seguintes propostas de vindeiras edicións basearase na avaliación do resultado deste I Sadacústico.

Mais información na web www.concellodesada.com ou nos teléfonos 627 474 709
981 620 331