Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Sada adicará ao mantemento de xardins e zonas verdes 646.000 € nos proximos 4 anos.

O Concello de Sada continúa coa modernización e renovación dos servizos municipais. Nos últimos dous anos contratáronse novos servizos de
Limpeza viaria,
Recollida de resíduos sólidos,
Mantemento eléctrico e agora tamén
Mantemento de xardíns e zonas verdes.

1 de febreiro de 2010 JARDINERÍA ARCE S.L. foi a adxudicataria do servizo que hoxe comezou os seus traballos e no que concurriron un total de seis empresas.
No día de hoxe, directivos da empresa ,traballadores e o Concelleiro de Obras Miguel Tenreiro acudiron á presentación da maquinaria que Jardinería Arce vai destinar a este servizo.
Son evidentes as melloras acadadas coas novas contratacións, xa que todas elas supuxeron un aforro de custes importante para o Concello de Sada, acompañado dunha significativa mellora no servizo.
O Goberno Local agarda que tamén aconteza así coa contratación deste novo servizo, de maneira que Sada poda contar con parques, xardíns e zonas de esparcemento máis limpas, coidadas e agradables.
Arce é unha empresa de radicada en Sada e leva no sector do deseño, obra e mantemento de xardíns desde 1987. Especializada en dar solución a todos os problemas que plantexa a creación e posterior mantemento de xardíns.
O Concelleiro de Servizos Miguel Tenreiro resalta os esforzos realizados polo Goberno de Sada para mellorar os servizos municipais, un esforzo que considera que está sendo ben valorado polo conxunto da cidadanía, que ve como os cambios realizados son positivos e melloran claramente a imaxe de Sada.