Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

As actividades irán destinadas a todas as franxas de idade a partir dos 5 anos, con obradoiros de Entroido e actividades Náuticas.

O I Concurso Escolar Municipal de Disfraces terá lugar ás portas das vacacións de Entroido e se completará cunha variada oferta durante os días festivos

A Concellería de Educación e Xuventude -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- ven de pechar unha programación de Entroido que inclúe unha variada oferta de actividades tanto para o público infantil como para as e os demáis membros da unidade familiar. O día 12 de febreiro o xurado do concurso de Entroido visitará aos colexios de infantil e primaria do municipio (EEI de Carnoedo, CEIP Pedro Barrié, CEIP Sada e Contornos e o CEIP O Mosteirón) para valorar aos diferentes grupos de disfraces dos centros educativos, previamente inscritos no concurso.

29 de xaneiro de 2010 Os centros educativos terán que inscribirse previamente e o premio consistirá en material didáctico e de xogo para a aula gañadora.

Os e as cativas de 5 e 6 anos poderán desfrutar de obradorios gratuítos de Entroido os días 15 e 17 de febreiro, en horario de 10:30 a 13:00 na Oficina da Xuventude, previa inscrición. O número máximo de prazas será de 20 para cada día.

Pero tamén habérá oferta para os e as maiores de 6 anos, cun "Entroido Náutico" en colaboración co C.R.N. de Sada, con clases de vela, windsurf e canoa. Nesta ocasión poderán apuntarse todas e todos os membros da unidade familiar, unha boa ocasión para que pais e fillos desfruten conxuntamente dunha actividade na propia ria sadense. Neste caso, o custo da actividade será de 40 € para as/os menores e de 45 € para as/os adultos. Este prezo inclúe a respectiva Licencia Federativa, seguro, aluguer de material, monitorado especializado e neumática de apoio. As unidades familiares empadronadas no Concello de Sada, terán descontos a partir da/do segunda/o membro (25% para o segundo, 50% para o terceiro e 75% de desconto para o cuarto e seguintes).

Esta actividade celebrarase os días 15, 16 e 17 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas e ten un límite de 30 prazas para os menores e de 8 prazas para adultos. O Concello informa de que, no caso de que a demanda de prazas supere á oferta, respetarase de xeito riguroso a orde de inscrición, que deberá realizarse na Oficina da Xuventude ata o día 12 de febreiro ás 14:00 horas.

Raquel Bolaño aclara que "se trata dunha forma divertida de achegar ás familias ás actividades que se levan a cabo na nosa propia ría, tan cercana e tan lonxana ás veces. Desfrutar dun privilexio que temos ao ser vila de mar". "Estas actividades teñen como finalidade primordial (ademáis de entreter aos máis pequenos durante o Entroido) facilitar tanto a conciliación coma ofrecer un espacio para desfrutar en familia dunha actividade nova".

Por último, a Concellería de Educación e Xuventude avisa de que xa está aberto o prazo de preinscrición para a realización dos cursos de galego Celga 1 e Celga 2, a espera da súa confirmación por parte de Normalización Lingüística.