Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Axenda

Ás 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura Pintos Llorens

O goberno municipal manterá unha reunión informativa coas veciñas e veciños de Sada.

12 de marzo de 2010 20:00 h - 22:00 h

O goberno municipal comparecerá o vindeiro venres ás 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura Pintos Llorens para dar conta ás veciñas e veciños da acción de goberno en tres asuntos de actualidade:
-Orzamentos para o ano 2010
-Construción dunha nova Escola Infantil
-Construción dun Centro de día para persoas maiores

Nesa reunión coas veciñas e veciños de Sada estará presente o Acalde Abel López, a Concelleira de Educación Raquel Bolaño e do Concelleiro de Facenda e Benestar Luis Barreiro.

Os portavoces dos grupos municipais xa teñen o proxecto de orzamentos referido a ingresos e gastos desde o pasado venres día 5 e están convocados a unha reunión da Comisión Informativa que terá lugar o vindeiro xoves día 11.

A reunión coas veciñas e veciños enmárcase dentro da política de comunicación do goberno local de permanente contacto coa sociedade e dentro das comparecencias periódicas para dar información directa á cidadanía en asuntos de relevancia, como é o caso.

A construción dunha nova escola Infantil e dun Centro de día para as paresoas maiores é un reto do Goberno Municipal que permitirá, por unha parte duplicar a oferta de prazas de educación infantil 0-3 anos no presente mandato e por outra, ofrecer ata 60 prazas no Centro de día para as persoas maiores por primeira vez no Concello de Sada, o que supón un avance sen precedentes nas políticas de conciliación da vida falimiar e laboral e de fomento do benestar.

En relación cos orzamentos para o ano 2010, as veciñas e veciños tamén recibirán información de primeira man do goberno en relación coa situación económica do Concello, reflexada no peche do exercicio 2009, no que Sada obtén o mellor resultado dos últimos nove anos.