Concello de Sada


© 2007, Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Tel.: 981 620 075


Imprimir Enviar

Accesibilidade

O Concello de Sada procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais desta web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima os estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de internet sexa accesible a persoas con discapacidades e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web do Concello de Sada realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 Strict válido Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidasSímbolo que indica contido web conforme ao nivel A da recomendación de accesibilidade web do W3C

Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido desta web ou para entendelo pode comunicárnolo por correo electrónico a través do formulario desta web