Concello de Sada



Noticias

Actividades sociais para maiores de 55 anos

05/09/10 Desde a Concellería de Benestar Social responsabilidade do nacionalista Luis Barreiro, informa:
O vindeiro mes de outubro comenzan as actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos.

Estas actividades enmarcanse no programa de participación e cooperación social dos servizos sociais municipais e consisten en actuacións tendentes a proporcionar espazos de participación, animacion e cohesión entre as persoas participantes.

A Casa da Cultura acolle unha exposición de maquetas de barcos cunha réplica do Titanic

03/09/10 A Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle nesta primeira quincena de setembro e por primeira vez, unha prestixiosa exposición de maquetas de barcos de distintas épocas.

Aberto o prazo de preinscrición para a Escola Municipal de Teatro

02/09/10 Podes descargar aquí a folla de inscrición , para que poidas descargala e inscribirte por correo electrónico, mandándoa cuberta a cultura@concellodesada.com
Por certo, tamén tes a posibilidade de preinscribirte por fax,no número 981 623 655.
FOLLA DE INSCRICIÓN

Sada continúa coa humanización das rúas da zona centro

01/09/10 Concello de Sada acaba de solicitar unha axuda á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dentro do Plan Ágora Re-comercia 2010-2013, co fin de preceder á humnaización dun tramo da Rúa do río e a Primeira travesía da rúa da obra, co fin de que esa zona adquira o mesmo aspecto que as zonas nas que se actuou desde o ano 2008 no casco urbano de Sada.

Taller de Ilustración con plastilina e creación de personaxes na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo

25/08/10 Durante todos os sábados do mes de setembro e os da primeira quincena do mes de outubro a Biblioteca Municipal desenrolará a seguinte actividade. Taller de Ilustración con plastilina e creación de personaxes.

Convocatorias

BASES DA CONVOCATORIA PARA PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ANIMADOR SOCIOCULTURAL

En plazo de presentación: (28/07/2010 - 02/08/2010) 1ª.- Obxecto da convocatoria.- A provisión por concurso libre dunha praza de Animador sociocultural
para o Servizo de Xuventude do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal por
acumulación de tarefas por un período de un mes, segundo o artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18
de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de
contratación de duración determinada.-
As retribucións serán as correspondentes ó posto de animador sociocultural.-
Funcións: A prestación do servizo de animación sociocultural: fomento das relacións interpersoais e da
integración do individuo no seu contexto sociocultural, actividades de xestión do ocio, fomento da
participación en actividades lúdicas e educativas, axuda para a saída de situacións problemáticas, etc.
Características de xornada: Dispoñibilidade ocasional. Xornada partida

Convocatoria de subvencións non nominativas en materia de deporte 2010

En plazo de presentación BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIONS NON NOMINATIVAS EN MATERIA DE DEPORTE
POLO CONCELLO DE SADA PARA O EXERCICIO 2010
DISPOSICIÓNS XERAIS.
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións no ámbito do
termo municipal de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, así como para
a prestación de servizos e realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal
ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses peculiares do municipio de acordo co establecido na lexislación
sobre réxime local (Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, Regulamento de Servizos de 1955,
Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Lei 38/2003 de 17
de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 47/2003, Xeral Orzamentaria). Asemade, será de aplicación a base n.º 36 das de
execución do orzamento vixente.


Avisos

Probas selectivas para a selección de (1) posto de Animador Sociocultural en réxime de contratación laboral temporal

Realizado o 10/08/10 o procedemento selectivo para a provisión de 1 posto de Animador sociocultural segundo as bases aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 1059/2010 do 21 de xullo,...


Blog das festas de Sada 2009 Revista municipal Sada para ti Revista de cultura Mariñana, Revista ilustrada Blog da Biblioteca Municipal